Banner

PersonXXI - Noticias de personas para personas

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Deportes A Deputación de Pontevedra presenta o novidoso formato deportivo "Depo desafío" 2018.

A Deputación de Pontevedra presenta o novidoso formato deportivo "Depo desafío" 2018.

DepoDesafío2018

A actividade, enmarcada no Plan estratéxico de deportes, terá lugar entre xullo e outubro nos concellos da Cañiza, CerdedoCotobade, O Grove, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Vigo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Deportes Chelo Besada e do deputado de Turismo Santos Héctor, xunto aos alcaldes e alcaldesas e representantes dos concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, O Grove, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Vigo, presentou o novidoso formato deportivo "Depo desafío" que se desenvolverá entre xullo e outubro por estes sete concellos da provincia e que está destinado a deportistas amantes do deporte extremo.

Segundo informou Silva, o "Depo desafío" enmárcase no Plan estratéxico de deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas "cheas de experiencias, de emocións, e en contornas naturais de gran beleza: desde a beira do Miño, ata a ría de Arousa, montes da Cañiza e de Cerdedo-Cotobade e praias como a de Samil en Vigo". Máis polo miúdo, a presidenta provincial informou que este novidoso formato deportivo inclúe cinco probas diferentes que van desde a carreira a pé, ata a travesía a nado en mar, o tríatlon, a carreira en bicicleta de montaña BTT e o trail. A presidenta da Deputación asegurou que os principais obxectivos de "Depo desafío" son "popularizar estas probas ao tempo que damos a coñecer as extraordinaria vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable".

A primeira das probas do "Depo desafío" terá lugar, tal e como informou Silva, o 22 de xullo entre os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda e consistirá nunha carreira a pé á beira do Miño, nun percorrido de 21 quilómetros e 97 metros que rematará aos pes do monte de Santa Trega.

O segundo desafío levarase a cabo o 12 de agosto e consistirá nunha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e A Illa da Toxa. Pola súa banda, tamén en agosto, terá lugar a terceira proba do "Depo desafío" que estará centrada no trail polo concello da Cañiza. Para esta terceira proba, as e os participantes deberán calzar zapatillas de trekking e prepararse para subidas e baixadas continuas a través dun percorrido de 15 quilómetros con espectaculares vistas. A cuarta cita será o 16 de setembro e consistirá nunha BTT polo concello de Cerdedo-Cotobade a través de 35 quilómetros no que as e os participantes terán que sortear múltiples escollos ata chegar á liña de meta. A última das probas será o 7 de outubro no concello de Vigo, na praia de Samil, e consistirá nun tríatlon na modalidade distancia sprint con 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira.

O prazo para inscribirse no "Depo desafío" comezou onte as 9:00 . En total, admitiranse un máximo de 300 participantes e terá un custo de 30 euros por persoa, que inclúe a participación en todas as probas, que terán categoría masculina e feminina. O prazo de inscricións remata o 2 de xullo e entre o 9 e 19 de xullo, de 9 a 14 horas, as persoas participantes deberán recoller os dorsais no Servizo de Deportes da Deputación.

Tamén informou a presidenta que en cada unha das cinco probas haberá un gañador e unha gañadora que obterán un trofeo. Así e todo soamente gañaran o "Depo desafío" a muller e o home que nalicen ao menos 4 probas e consigan os máximos puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón Berlín, que inclúe voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Pola súa banda, os alcaldes e alcaldesas presentes na presentación do "Depo desafío" amosaron o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra pola posta en marcha da iniciativa, que nace chea de éxito xa que permite combinar a práctica deportiva co fomento do turismo e a promoción do territorio.

Formulario de inscrición (clik aquí).
Lista de admitidos en DepoDesafío 2018 (clik aquí).
Lista de admitidos Carreira Tomiño (click aquí).
Lista de admitidos Travesía O Grove (clik aquí).
Lista de admitidos Trail A Cañiza (clik aquí).
Lista de admitidos BTT Cerdedo-Cotobade (clik aquí).
Lista de admitidos Triatlón Vigo (clik aquí).

Fonte: Deputación de Pontevedra a 7 de maio do 2018.

Depo Desafío 2018

 

ordenador

Ciencia y Tecnología

Descubierto un nexo entre compuestos químicos y enfermedades inflamatorias intestinales.

compuestos inflamatorios

Las moléculas identificadas presentan un anillo de oxazol, que afecta al sistema inmunitario.

Los resultados abren nuevas perspectivas para entender estos procesos y el desarrollo de futuras terapias.

Leer más...
 
Dr. Bueren, presentó los resultados del ensayo clínico de terapia génica para Anemia de Fanconi.

Fanconi.pptxEl Dr. Juan Bueren presento un avance de los resultados del ensayo clínico de terapia génica en pacientes de Anemia de Fanconi, en la sesión presidencial del congreso de terapia génica de la Sociedad Americana de Terapia Génica y Celular (ASGCT) celebrado en Chicago del 16 al 19 de mayo. Este ensayo en Fase 1/2, en el cual se han tratado hasta la fecha cinco pacientes, está coordinado por el Dr. Bueren, director de la División de Terapias Innovadoras del Sistema Hematopoyético en CIEMAT e investigador del CIBERER y de la Fundación Jiménez Díaz. El Dr. Julián Sevilla es el investigador principal del ensayo que se está realizando en el Hospital del Niño Jesús, Madrid, y en colaboración con el Hospital Vall d’Hebron de Barcelona.

Leer más...
 
Gracias a las nuevas carreteras electrificadas tendremos coches eléctricos con autonomía ilimitada.

Suecia ha iniciado un plan para electrificar sus carreteras de tal forma que los cochescarreteras electrificadas1
eléctricos puedan circular mientras recargan sus baterías.

Aunque Tesla abandere la revolución de los coches eléctricos y los demás fabricantes de automóviles se estén lanzando en tromba al desarrollo de este tipo de vehículos con modelos que alcanzarán en 2019 los quinientos kilómetros de autonomía, la realidad es que la tecnología de litio estándar todavía no permite a las baterías competir con el motor de explosión de igual a igual. El problema no solo reside en que la autonomía sea menor, sino que los tiempos de carga son considerablemente superiores al repostaje en una gasolinera tradicional. Pero imaginemos por un momento que nuestro flamante coche eléctrico pudiera cargarse sobre la marcha. En realidad, no hace falta imaginarlo: es la estrategia que se está aplicando en Suecia con la implantación de una red de miles de kilómetros de carretera electrificada.

Leer más...
 

BRASIL

La Ballena Azul

BallenaAzulEl ministro brasileño de Justicia, Omar Serraglio, pidió a la Policía Federal que investigue el juego virtual conocido como “Ballena Azul” tras la alarma creada en las últimas semanas por las muertes de adolescentes presuntamente vinculadas a este fenómeno.

La decisión del ministro responde a una solicitud de varios diputados federales y del alcalde de Curitiba, Rafael Greca, que presentaron documentación sobre suicidios y autolesiones que involucran a adolescentes.Similar a un juego de rol, la “ballena azul” propone a los participantes 50 desafíos para cumplir y el suicidio es el último de la lista.

Los adolescentes reciben mensajes en su teléfono o en perfiles de Facebook para unirse a grupos cerrados y poder participar en el juego.
Entre los retos a ser superados hay algunos simples, como dibujar una ballena en un papel y otros más mórbidos, como cortarse los labios, hacerse un agujero en la mano, tatuarse una ballena en el brazo con una lámina o pasar 24 horas sin dormir viendo películas de terror.
La última voz de alerta en Brasil se alzó hoy en Manaos donde una madre ha denunciado que al menos doce jóvenes participan en el juego, según el portal G1.

Leer más...
 
Declive económico

micheltemerEl Gobierno de Michel Temer ha anunciado un retroceso del 3,6% en el PIB de 2016, un resultado muy inferior al previsto por los expertos

Sin superar la crisis política y económica que atraviesa desde 2013 –cuando surgieron las protestas contra el Gobierno del Partido de los Trabajadores (PT)–, Brasil no consigue salir de la recesión, la más larga desde los años treinta. El Gobierno de Michel Temer anunció este martes el retroceso del 3,6% en el PIB de 2016, un resultado muy inferior al previsto por los expertos. Al anunciar el resultado, la coordinadora de Cuentas Nacionales del Instituto de Estadística, Rebeca de La Rocque Palis, señaló que «como el PIB cayó y la población aún está creciendo, tuvimos tres años de baja en el PIB per capita, una reducción del 9,1%, lo que significa empobrecimiento».

Leer más...
 

No data available
Vigo
--- °C
Weather details
iconoFacebook iconoTwitter iconoYoutube

Deportes

Carmela Silva entrega a Coruxo e Rápido de Bouzas as axudas da Deputación por máis de 200.000 euros.

coruxo Car silA Presidenta provincial subliñou que "Vigo é unha grande referencia no deporte e por iso temos unha aposta inequívoca cun investimento dun 1.100.000 euros ao ano".

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou hoxe aos presidentes do Coruxo e do Rápido de Bouzas, Gustavo Falque e Manuel Seoane, as resolución presidenciais coas axudas deste ano a ambos os dous clubs que superan os 200.000 euros.

Leer más...
 
A Deputación de Pontevedra ampliará as "Deporte escolas" a maiores de 15 anos no próximo ano.

apliacióntallerA presidenta da Deputación participou na clausura das "Deporte escolas" de patinaxe que reuniron a preto dun milleiro de nenas e nenos nun abarrotado Príncipe Felipe.

Leer más...
 

CARTEL2