Banner

PersonXXI - Noticias de personas para personas

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Actualidad Antonio Durán Moreiras busca máis alimentar ao corazón e menos as tarxetas.

Antonio Durán Moreiras busca máis alimentar ao corazón e menos as tarxetas.

Morris1Quen lle ía dicir a Antonio Durán Moreiras que coma “Morris” daría vida a Manuel Charlín en “Fariña”.
Este gran actor galegoque naceu alá polo 1959 en Vigo (máis concretamente Teis) xa tiña na súa xenética o ADN que marcaría a súa vida e profesión, un talento innato para a interpretación.
Estudou bacharelato no colexio Labor de Vigo como tantos mozos da súa época e logo C.O.U. no instituto de Vigo A Guía, onde comezou a facer teatro querendo e sen querer, interpretando unha obra de Castelao, onde espertou a vocación.
Logo disto pasa a formar parte do grupo teatral de Teis que era Teatro Popular Galego de seguido pasaron a formar Artello e fundaron a Sala Carral (pedida para un cursillo e ficaron dous anos) onde ensaiaban e lograron convertila nunha sala de actuacións de teatro en directo.

Tras asentar esas bases e prantar as primeiras sementes, comenzaron a chegar proxectos dispares tanto no teatro coma na televisión ou no cine. Un profesional polifacético que o mesmo che conta unha historia nun esceario, fai publicidade, presenta programas, actúa nunha película, nunha serie ou fai dobraxe (foi a voz do Maestro MutenRōshi de Dragon Ball a serie que marcou máis dunha xeración de rapazes de toda Galicia) demostrando ser un home cheo de inquedanzas e talento. Tanto é así que ten no seu haber docenas de nominacións e premios ao longo da súa carreira onde o primerio deles concedeuselle no 1985 coma ao mellor actor protagonista por “Woyzeck”, pasando polo Premio Mestre Mateo (da Academia Galega Do Audiovisual) ao mellor actor portagonista por “A esmorga” no 2014 ou a nominación ao Premio María Casares ao mellor actor Actor Protagonista por “O crédito” no 2015 e máis recentemente como actor de reparto na película “Dhogs” (marzo 2018).

Falamos con ese home tan compreto, con tanto que dicir e tan pouco tempo e profundizamos un pouco máis na visión da persoa que hai tralos platós, así que se queres saber ¿cándo? ¿cómo? ou o ¿por qué? da súa traxectoria segue lendo.

Os seus inicios.

1. ¿Qué diferenza existe entre Antonio Durán e Morris?

Bueno a ver, o meu nome completo é Antonio Durán Moreiras e o de Morris xurdiu no colexio. Chamábannos polo apelido e en vez de Moreiras, non recordó porqué nos xogos chamábanme Morgan ou Capitán Morris.
Despois da etapa de militancia política de ser roxos e toda aquela historia, seguían chamandome Morris e xa quedou. Intentei sácalo cando comecei na televisión porque a miña nai dicíame, “parece mentira que un apelido tan bonito como Moreiras non saía” pero xa era coñecido como Morris.

Morris2

2. De todo o que o rodeaba cando era neno: escola, familia, amigos, cultura, política
¿qué ou quén o influenciou a comezar na interpretación? ¿quizais un profesor?

Pois sí, foi unha profesora de francés que impartía clases no instituto A Guía, quen me animou a participar nunha representación no día das Letras Galegas, coma sempre de Castelao (risas)” Os vellos non deben de namorarse”.
Despois de actuar alí a xente díxome que o facía moi ben, que se ría moito conmigo, etc. e pasei a formar parte do Club Xuvenil de Teis, onde había un grupo teatral que se chamaba Teatro Popular Galego. Seguido diso comezamos Artello e así comezou a miña historia.

3. ¿E cómo evoluciona Artello?

Desfíxose e quedaron dúas persoas facendo teatro de guiñol máis ben, pero hoxe en día a actividade é moi baixa.

4. ¿Houbo xente do seu círculo que comezaran con vostede no teatro?
Sí, moitos comezamos xuntos e seguimos, como Alfonso Agra que é un dos que continúa. De feito estiven agora nunha serie con él e tamén facemos teatro de vez en cando.
En Artello comezamos uns cantos que logo pasamos ao Centro Dramático Galego (C.D.GA.), onde evidentemente hai moita xente dos comezos, así que somos un pouco os avós (risas).

Morris45. ¿Os avós ou os pioneiros?
Exactamente (risas), foi caendo xente xa dos inicios por enfermidade ou polo que fose, pero aínda seguimos moita.

6. Cando empezou non había clases exclusivas para formarse como actor, ¿cómo logrou facerse un oco?

Pois mira, cando nós comezamos era máis difícil vivir económicamente disto, xa que sacabas poucos cartos (eu compaxineino con outros traballos) pero era máis fácil convertirse en profesional se lle adicabas tempo. Nos mesmos éramos capaces de definirnos uns a outros como profesionais ou non. Ao ser menos competencia estaba máis claro o concepto. As esixencias de calidade non eran tan grandes coma o mensaxe que tiñan que transmitir as obras.
A hora de vivir da “farándula” a sorte é moi dispar, moitos abandoaron (casáronse, tiveron fillos ou mulleres, etc) e dos que continuamos, a uns foilles mellor e a outros peor.
Eu creo que casi o teñen máis complicado hoxe en día os rapaces que saen da Academia Dramática Galega, que precisan dun éxito absoluto e inmediato para ser alguén.
Cando eu comecei no teatro as condicións eran malas, non había televisión autonómica, apenas había locales preparados ou asociación de veciños.
Hoxe en día existe unha estratexia cultural máis repartida entre todos, cada vez hai máis actores, montanse máis compañías, máis grupos e a política é manter a todos por igual, polo tanto chega un momento que son as mesmas. Cando solicitan axudas ou subvencións presentanse moitas compañías e é difícil sobrevivir ao contrario que nos, que podíamos pasarnos moito tempo polos teatros.

O traballo e a súa traxectoria.

Morris57. Cando prepara os personaxes dos distintos campos (televisión, teatro, cine, presentador, etc) ¿Faino sempre igual?

Non. O de presentador e todo iso xurdiu porque ao principio na TVG dicíanche o que tiñas que facer en ónde (fas isto como presentador ou fas un sketch nesta outra, etc) e combinabao co teatro. Éramos actores todo terreno, despois cando empezou a ficción xa foi un luxo.
No teatro, no medio audiovisual ou películas o que fago é preparar moi ben o texto e imaxinalo, pero nin sequera o ensaio en alto nin nada vou libre coa ferramenta (por así dicilo) preparada para traballar e xogar en directo co director e sorprenderme a min mesmo co que poida sair.

8. ¿Que personaxe lle custou máis preparar? ¿E menos?

Primeiro o da Esmorga (Milhomes), realmente foi un persoaxe que me custou bastante porque é moi triste e é un homoxesual da Galicia profunda dos anos 50 do que apenas tes referencia, vamos que non os vin. Tamén é difícil porque hai que sábelo tocar, porque hai unha fina liña entre facelo “amanerado” ou non. Dixera nos seus escritos que lle gustaría que o seu persoaxe “Milhomes” fose representado o menos “amanerado” posible. Polo que foi un dos persoaxes que me custou máis. Tiña moito medo porque a xente lera moito sobre él. Construir a “Milhomes” doume moitos quebradeiros de cabeza e sacoume moitísimo tempo.
Despois fíxen con moito cariño a Manuel Charlín, por exemplo, inda que xa teño máis referencias, pero tamén é unha persoa que está viva entón tamén o fas con moito coidado.
E persoaxes teatrales houbo uns cantos que foron complicados como por exemplo Calígula.

Morris69. ¿De tódalas obras realizadas, cal é a que máis lle marcou como algo bo ou algo non tan bo?

Pois como cousa boa e pola ilusión, todas as que montábamos ao principio como “Picnic” (1979), “Celtas sen filtro” (1983), “Algunha cantante calva” (1981). Todo aquel principio de Artello foi moi divertido porque eran textos colectivos./span>

Logo de Artello, un espectáculo que me marcou moito e que lle teño especial cariño foi a obra “Batea” (1990) que trataba de 5 monos enriba dunha batea que visitában ao país e que facían a obra. Representaban a vida (traballar, durmir, todo) e cada vez que pasaba un barco de turistas bailaban cara él. Unha vida rutinaria por completo e sen falar por ser monos.
O primeiro gran éxito profesional de teatro foi co C.D.GA. co “Enfermo Imaxinario” (1986).
Logo como mala experiencia quizais o de irse cun director portugués co que me llevaba moi mal, desconfiábamos un do outro e foi unha cousa moi mala (risas).

10. Como actor qué prefiere ¿o teatro, a televisión, o cine, presentar?

Pois mira eu hai moitos anos pensaba só no teatro, porque enfrentarte ao público é un subidón de adrenalina, igual a cando te metes nunha montaña rusa, tas berrando antes de subirte á montaña. Sen embargo, hoxe en día defínome máis coma un home de proxectos, quero dicir, que miro moito cal é o proxecto e con quen o fago. Se hai unha boa obra podo deixar unha “mala” serie por esta obra, ou se hai unha boa película, pois deixo o teatro pola película e incluso facer unha serie de televisión por unha “mala” película de cine. Depende do que me ofrezan.

11. ¿E cómo espectador?

Pois gústame moito o cine. Co teatro xa vai máis alá de ver algo, póñome moi nervioso porque pra min é un acto de reencontrarme cos orixes, dende o punto de vista do espectador e é unha sensación moi forte.
Aínda que vexo bastante cine, gústanme as tres. Hoxe en día hai series de televisión nas plataformas que tamén é cine puro.
Tamén me encanta o expectáculo total de teatro con música en directo, porque se unen varios linguaxes e disfruto moito (sorisos). Non ten nada que ver a forma de disfrutar do directo de algo televisado.

12. Dende o punto de vista do actor detrás do telón ou dunha cámara, ¿hai algunha diferenza entre os tres campos (cine, televisión, teatro)?

Pois sí, o teatro ensaiase agora moito máis rápido ca antes, pero o normal é que ensaies dous meses enteiros, vas desmenuzando ao persoaxe cos compañeiros, cos movementos, a súa posta en escena, etc. No teatro tes ao espectador metido na cabeza e no cine tes metido unha cámara, un equipo de sonido que está activo continuamente mentres ti te estás preparando para a secuencia.
Tanto na televisión coma no cine, pero sobretodo esta última, podes empezar pola mitade e fas unha secuencia por planos logo cortan escenas e saes o final ou no principio. Fundamentalmente tes que estar pendente dos dintintos planos (plano curto, plano medio), onde se sitúa a cámara, como fás ese xiro, etc. Un plano secuencia si se parece máis ao teatro porque é máis longo. A televisión sobretodo agora hai rodaxes coma o de Fariña que emplean unha cámara, as veces dúas coma no cine, pois xa comeza a parecerse máis ao cine.
No teatro o telón levántase e vas de principio a final, ti mesmo podes correxir a obra e notas como vai o público, notas as súas toses, se vai alta, se vai baixa, se se escoita ou non e hai unha serie de sinais entre compañeiros que indican se a cousa vai mal e hai que subir un pouco o ritmo. Saes ao momento e só é unha escena e o que vexa o espectador é o que vai ser.
Nas outras é como un traballo máis individual, aínda que hai máis equipo e o teu traballo en audiovisual vai pasar por todo un equipo que pode cambiar de lugar as secuencias e facer mil cousas.
Se tes experiencia como actor de teatro utilízalo nas outras linguaxes. Polo que vin é máis fácil que algunha xente do teatro remate no audiovisual que xente que comezou no audiovisual pase ao teatro, eso sí é certo, pero é moi bonito combinar as tres cousas que son distintas.

Morris813. O longo dos anos un aprende e evoluciona ¿cree que a súa evolución como actor podería ser mellorada?

Sí, espero que sí (risas) eu creo que vai moi unido a propia vida. Sempre defendo, digo e demostroumo tanto a vida coma os compañeiros, que se esta é saudable e cho permite, se un actor é bo, cos anos é máis bo, porque tes experiencia en obras e porque a vida tamén che dá un “poso”. Os anos danche un tempo moi especial que empleas nela e como un actor non deixa de ser unha persoa que interpreta inevitablemente inflúe. Dende logo eu vexo actores mairoes españois e de fóra que me encandilan e que non eran tan bos.
Tamén te volves máis selectivo (quizais pola pereza) e pensas “se fago esta comedia vaime custar un esforzo excesivo” e non ves que che aporte tanto, en definitiva, buscas alimentar un poucoquiño máis ao corazón e non tanto as tarxetas.

14. ¿Gañar premios (Mestre Mateo como protagonista na “Esmorga” ou nominacións en “Padre Casares” ou “Pratos combinados” varios anos consecutivos ou María Casares por actor de reparto en “Dhogs” recentemente, etc.) cambia a visión dun mesmo, a visión axena hacia un ou a que teñen dun no traballo?

Aquí en Galicia non inflúe demasiado. Si inflúe no audiovisual os “Mestres Mateo” que abre máis pantallas, pero é máis ben un subidón, unha gran alegría no momento. Premios moi bonitos porque chos recoñecen os compañeiros ou a academia, non pasa de ahí.
É moi agradable recibilos, pero a vida continúa, incluso hai grandes premios que collen certa fama polas rúas, coma por exemplo “A maldición dos Goia”, onde a moita xente premiada non lle caían traballos e pasou por unha etapa dura por iso. Poñerte a altura de ser un premiado Goia significa que tes que escoller algo máis os proxectos.
A min por agora nada me cambiou.

15. Fai pouco interpretou a Manuel Charlín na serie Fariña. ¿Cómo se sentíe interpretando en castelán a un home galego?

Está moi ben, eu interpretei moitas cousas en castelán, as coproduccións case nunca se facían en galego e despois dobrábanse (un dos erros daquí). É como desdobrarse un pouco porque sabes que é para o resto de España tamén.
Facer por fin un persoaxe galego real, que nos vivimos foi coma unha lotería, outras veces fixemos de galegos e sempre tontos. Facemos de nós e memos incluso coidamos do noso castrapo pero en castelán ¿é surrealista? sí, pero unha experiencia moi bonita.

16. ¿Qué teñen en común Manuel Charlín e Morris?

Eu creo que nada, aínda que ten esa mirada melancólica de ollos caídos que así a primeira vista transmite certa tristeza e infelicidade (creo que non estou confundido, vin moitas fotos para roubarlle a alma, rise) e é un tipo desconfiado. Un pode ter esa mirada e ser un tipo violento. Así que quizais esa tristeza e esa melancolía é o que eu máis teña que ver con él porque no outro non (risas) e logo a estatura que é un dato importante.

17. ¿Estamos asistindo a un novo estrelato de Morris grazas a Fariña? Porque o seu traballo aquí vese con moi bos ollos.

Si bueno (sorisos), espero que caia nas miñas máns un guión suculento, porque parece que si hai un repunte, pero nunca se sabe as críticas tamén inflúen, logo esperemos que veña algunha consecuencia de traballo en España ou non. Anque en Galicia é complicado e duro, fóra aceptan máis, son máis abertos. Aquí non aceptan moito as diferenzas, gostanos moito vivir na “merda” (risas), mentres todos vivamos nela todo vai ben (risas).
Dende logo hai unha cousa evidente que me deu que é prestixo. Nombras aquí ou fóra de Galicia a “Manolo Charlín” de “Fariña” (e agora vai entrar en Netflix), e xa non tes que explicar ao actor galego, coñéceno perfectamente.

Morris718. ¿Influen os persoaxes na sique particular?

Non, non te creas, sí durante os procesos. Por exemplo cando fixen “A Esmorga” andaba eu moi retorcido, moi tal.
Son un tipo moi introspectivo, inflúeme no momento de grabar, pero aínda que pareza o contrario non son dos que se trae aos persoaxes a casa sempre establezo unha distancia bastante grande polo que non me influiron na personalidade.

19. ¿Cómo ve a presenza dos actores galegos, tanto novos como consagrados (Tosar, Manquiña, vostede mesmo), no cine, teatro, televisión a nivel nacional, internacional ou europeo? ¿Hai representación, debería haber máis?

Hai moitisíma, ademáis a iso tes que unirlle que non somos só nos, porque hai grandes directores de aquí que tamén saíron fóra, o caso de Fariña é un exemplo, productor (Bambú) e directores como Carlos Ares de aquí etc.
E dos actores tamén, Luís é un gran actor que estivo no momento adecuado na hora adecuada naquel momento, Manqui (por Manquiña) tamén estivo fóra e eu tamén o que pasa e que traballei tantísimo en teatro en Galicia que me acomodei e a verdade non me vin obrigado a buscar fóra que as veces tamén está ben.
Este ano pasado fixen “Pieles”, con “Fariña” sa saio fóra e teño pendente estrear unha obra en xullo con Belén Rueda e Darío Grandinetti que se chama “El pacto” de producción catalana (largometraxe de David Victori).
O que sí é incrible é a gran diferenza que temos entre Galicia e fora a hora de seleccionar actores para os proxectos. Fóra coñecen o teu currículum ou teñen claro quen eres e ofrécenche os papeis. Aquí podes traballar 10 anos nunha serie e os mesmos que che van contratar, fanche pasar cinco probas para un persoaxe da seguinte serie, como se hubieras cambiado de repente e mediras 1,80 m. , tiveras outra voz etc. Son actitudes distintas, pero sí, estamos moi ben posicionados e creo que neste momento máis ca nunca.
Quizais a xente que dirixe o audiovisual non esté tan ben posicionada porque a emisión da profesión é moito máis ampla e moito máis contundente.

20. Traballando nas diferentes cadeas (local TVG, pública Antena3 e privada Telecinco) ¿qué diferenzas atopou (xestión, calidade, etc)?

Ten que ver máis ben cos medios que teña a cadea. Na autonómica os equipos son máis agarimosos e co equipo audiovisual trabállase moi ben, pero bueno non deixan de ser dous días e medio por capítulo, cando nunha serie como Fariña son 13 ou 14 días e claro é unha experiencia brutal, o trato é máis ou menos o mesmo.
Eu cando saía as primeiras veces de traballar de series de aquí e viña de fóra, preguntábanme moito ¿qué tal? e respondía que para min era o mesmo pero con máis medios.
Fixen probas para Neflix pero non sei o camiño que abrirá iso, porque ti cando traballas para plataformas traballas para aboados, non son cadeas xeralistas. Ábrese todo un mundo onde podes profundizar máis porque os inscritos non che van restrinxir horarios, nin dicir que emitir, nin se isto é demasiado forte, teñen a opción do mando para seleccionar de forma particular.
No caso de Fariña hai un avance coa cadea xeralista, cousa que lle temos que agredecer a Bambú e Ramón Campos, o galego e que tivo a gran idea de comprar os dereitos de Fariña e convencer a unha cadea estatal de emitir esta historia. As cadeas estatais non querían entrar por ese camiño.

21. ¿Quédalle algo por aportar a Morris?

Pois a esta entrevista non o sei (risas) pero nos escenarios espero que sí. Teño 58 anos e aínda quero dar o mellor de min anque esté moi tranquilo e asentado, se me deixan espero poder dar o último arreón do mellor da miña vida como actor.

Morris922. ¿Qué valor lle dou a súa carreira a súa vida persoal?

Pois mira, un gran valor a nivel popular e a nivel personal. Se fago un balance quizais lle dín máis a profesión que a vida persoal. Quedan ocos moi grandes que ocupou a profesión continuamente. Este é un traballo moi obsesivo que esixe tempo e o non ter fillos ou parella (que ao final son difíciles de manter), pois volqueime nel. Convivir máis cos persoaxes e os platós que na propia casa é algo que está ben e o mesmo tempo me pon un pouquiño triste. Somos carne de psiquiátrico (risas). Estamos un pouquiño enfermos ¿eh? (risas) porque estás vivindo nunha profesión moi esquizofrénica finxes que es alguén e o público non debe notar que o finxes.

23. Se tivera que aconsellar os novos artistas sobre como comezar ¿qué sector sería o máis axeitado cine, telvisión, teatro?

Hoxe en día en todos, pero mellor que os combinen, aínda que sexan figuración especiais ou pequenas nunha película ou nunha serie, para sentir un pouco o que é o proceso dunha cámara, controlala, coñecela, coñecer o sistema de traballo no escenario, vivir o énfasis dun plano curto, perder os medos, ese tipo de cousas.
Traballar cunha cámara é unha cousa difícil, según como a mires ou o séu ángulo, a intensidades dos planos, fan que transmitas cousas distintas ao espectador na súa casa. Como a xente sae moi preparada porque veñen dunha escola onde xa ensaiou co audiovisual, estudiu isto ou aquilo e a mellor oportunidade que pode ter é xogar e probar sobretodo ao principio e a ser posible con todas é máis enriquecedor.

24. O idioma ou a provincia onde comezar ¿é importante ou adaptable?

Home, se nos poñemos a falar do galego (evidentemente) ao sair fóra hai que sábelo neutralizar porque moitas veces non o queren.
Foi un pouco a esquizofrenia que pasou en Fariña, que aquí como non tiñan forma de neutralizalo de repente tiñamos máis acento do que temos, era unha situación estrana.
En canto a controlar idiomas pois todo o que se poida e tamén é bo manterse en forma mental e físicamente, coidarse un pouco, cousa que eu non fago demasiado pero bueno, como me dan persoaxes estranos toda cola (risas).

E para rematar xogamos coa súa simaxinación.

Morris3

25. ¿Cal cree que sería o xénero da película sobre a súa vida en xeral?

Sería unha dramedia, un xénero entre a drama e a comedia.

26. ¿Cree que se adicaria ao mesmo se volverá nacer?Sí.

27. E que lle diría o Antonio Durán dagora o Antonio Durán neno.

Pois diríalle ¡Quen cho ía dicir! jajaja

28. ¿Se fose presidente en que sector investiría máis?.

Eu creo que investiría nunha renda social axeitada para todos os españois, que a diferencia que hai entre uns e outros é incribel e vívese moi mal. Despois, seguindo con ese orde sanidade e educación, dentro desta a cultura por suposto.

Despedida e peche.

Moitísimas grazas Antonio Durán Moreiras pola túa amabilidade o teu gran sentido do humor e polo teu tempo. Oxalá teñas ese repunte bo e extenso que tanto mereces pola túa longa traxectoria profexional e un recoñecemento especial a un actor pioneiro. Foi un verdadeiro honor e pracer falar contigo.

Aos nosos lectores mencioarlles as próximas actuacións deste gran intérpete que non deixa indiferente a ninguén. Se queres disfrutar da súa presenza anotade estas datas.

  • O 14 de xuño en Santiago de Compostela con “A leituga” de Eme2 emoción&arte.
  • O 1 de xullo en Cangas dentro da XXXV Mostra de Teatro de Cangas (o certame remata o 8 de jullo) tamén con “A leituga”.
  • O 20 de xullo estréaseEl pacto” con Belén Rueda.
  • Para outubro a obra do director galego Andrés Goteira “Dhogs”.

Artello Teatro - Batea

Recta final de 'Fariña' | Antonio Durán 'Morris' interpreta a Manuel Charlín | Entrevista

El pacto - Trailer (HD)

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

ordenador

Ciencia y Tecnología

Trasplantes.Ya estamos en la bioimpresión de pulmones

 Cada día miles de personas se benefician de la generosidad de donantes de órganos anónimos que ceden BioimpresionOrganosEn3D
corazones, córneas, riñones o tejido epidérmico a enfermos de diversas dolencias. Sin embargo, debido a los problemas de compatibilidad sanguínea y a la gran demanda, no siempre hay un donante disponible. Además, los pacientes que han recibido el trasplante deben medicarse de por vida para evitar problemas de rechazo. Ante estos obstáculos, la ciencia está buscando vías alternativas, especialmente en el campo de la creación de órganos en el laboratorio, partiendo de células madre. Los cultivos de piel ya son una realidad para afectados por quemaduras, pero ahora la impresión 3D está abriendo el camino a soluciones mucho más ambiciosas. Los pulmones son los órganos más grandes del cuerpo y uno de los más complejos, con millones de alveolos y una estructura branquial que, extendida, ocuparía una cancha de tenis. De ahí que los prototipos impresos en 3D por la empresa estadounidense United Therapeutics supongan un avance revolucionario.

Nanotexture infographic

Esta empresa, junto a la también estadounidense 3D Systems, están desarrollando una impresora 3D con la que creen que serán capaces de elaborar un pulmón con gran nivel de detalle, incluyendo las veintitrés ramas branquiales, la red de alveolos y los vasos capilares. Para ello, se han basado en un material biocompatible como es el colágeno. Ahora bien, por sí solo y más allá de la proeza de ingeniería que supone, un pulmón de colágeno es completamente inservible. Una vez impreso el molde, los científicos pretenden crear un cultivo de células madre que sea capaz de recubrir toda la estructura, y de esa forma convertirse en un órgano funcional

.

Leer más...
 
Nuevos modelos para el estudio del uso de metales en la formación de moléculas

NuevosProcedimientosUsoMetalesFormacionMoleculasInvestigadores del Instituto de Síntesis Química y Catálisis Homogénea, centro mixto del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) y la Universidad de Zaragoza, han preparado e identificado nuevos compuestos metálicos que permiten estudiar el proceso mediante el que dos metales comparten y forman nuevas moléculas, lo que se conoce como transmetalación. El trabajo ha sido publicado en la revista Chemistry, A European Journal.

“En nuestro laboratorio hemos preparado e identificado cuatro nuevos compuestos metálicos que contienen platino y oro o plata y que pueden considerarse como una foto fija del proceso intermedio justo antes de que estos metales inicien el proceso de transmetalación. Las características de las moléculas orgánicas unidas a los átomos metálicos de estos compuestos hacen que no puedan completar la migración de un metal a otro y queden congeladas en el proceso intermedio.”, explica el investigador del CSIC Antonio Martín Tello.

Creación de nuevas moléculas

En general, la creación de nuevas moléculas orgánicas tanto en el laboratorio como en la industria se lleva a cabo por unión o transformación de otras. Estos procesos tienen gran interés en química ya que estas nuevas moléculas tienen posibles aplicaciones biológicas, tecnológicas e industriales, entre otras. En muchas ocasiones, la formación de nuevas moléculas involucra la ruptura y formación de nuevos enlaces entre sus átomos de carbono mediante reacciones químicas en las que intervienen catalizadores. Un catalizador es una sustancia que favorece que la reacción tenga lugar, aumentando su velocidad o disminuyendo la energía necesaria para que ocurra, y que puede recuperarse y reutilizarse

Leer más...
 
Respuesta del Mediterráneo al cambio global.

EspeciesInvasorasDetectaddasEnElMediterraneoLos esfuerzos actuales por reducir la pesca podrían no ser suficientes para recuperar los recursos pesqueros de especias nativas, como la merluza, si continúan aumentando la temperatura del mar y la presencia de especies invasoras. Esa es la conclusión a la que llega un trabajo internacional liderado por el Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que se publica en la revista Scientific Reports.

En el estudio, los científicos han evaluado los efectos de la reducción pesquera en diferentes posibles escenarios futuros. Para ello han usado un modelo ecológico calibrado basado en el Mediterráneo oriental y han evaluado su respuesta ante tres variables: la subida de la temperatura, los cambios en la presión pesquera y el aumento de las especies invasoras. Primero se ha analizado la respuesta del ecosistema a cada una de estas variables de manera independiente para después combinarlas y simular un total de 11 escenarios futuros

Leer más...
 

BRASIL

La Ballena Azul

BallenaAzulEl ministro brasileño de Justicia, Omar Serraglio, pidió a la Policía Federal que investigue el juego virtual conocido como “Ballena Azul” tras la alarma creada en las últimas semanas por las muertes de adolescentes presuntamente vinculadas a este fenómeno.

La decisión del ministro responde a una solicitud de varios diputados federales y del alcalde de Curitiba, Rafael Greca, que presentaron documentación sobre suicidios y autolesiones que involucran a adolescentes.Similar a un juego de rol, la “ballena azul” propone a los participantes 50 desafíos para cumplir y el suicidio es el último de la lista.

Los adolescentes reciben mensajes en su teléfono o en perfiles de Facebook para unirse a grupos cerrados y poder participar en el juego.
Entre los retos a ser superados hay algunos simples, como dibujar una ballena en un papel y otros más mórbidos, como cortarse los labios, hacerse un agujero en la mano, tatuarse una ballena en el brazo con una lámina o pasar 24 horas sin dormir viendo películas de terror.
La última voz de alerta en Brasil se alzó hoy en Manaos donde una madre ha denunciado que al menos doce jóvenes participan en el juego, según el portal G1.

Leer más...
 
Declive económico

micheltemerEl Gobierno de Michel Temer ha anunciado un retroceso del 3,6% en el PIB de 2016, un resultado muy inferior al previsto por los expertos

Sin superar la crisis política y económica que atraviesa desde 2013 –cuando surgieron las protestas contra el Gobierno del Partido de los Trabajadores (PT)–, Brasil no consigue salir de la recesión, la más larga desde los años treinta. El Gobierno de Michel Temer anunció este martes el retroceso del 3,6% en el PIB de 2016, un resultado muy inferior al previsto por los expertos. Al anunciar el resultado, la coordinadora de Cuentas Nacionales del Instituto de Estadística, Rebeca de La Rocque Palis, señaló que «como el PIB cayó y la población aún está creciendo, tuvimos tres años de baja en el PIB per capita, una reducción del 9,1%, lo que significa empobrecimiento».

Leer más...
 

No data available
Vigo
--- °C
Weather details
iconoFacebook iconoTwitter iconoYoutube

Deportes

Coruxo F.C.-Salamanca C.F. 1-1, en el campo del Bao

PartidoCoruxo-SalamancaIVMinInteresante partido de fútbol en el campo del Bao, entre el Coruxo F.C. y el Salamanca C.F.con diversas alternativas en el juego, una primeraa parte con mayor dominio del Salamanca, en la que cabe destacar un paradón impresionante del portero del Coruxo, que salvó a su equipo de retirarse al descanso en desventaja. La segunda parte fue de poder a poder.

Uno y otro equipo llegaban con facilidad a la portería contraria, y en el minuto 73, Pablo González, número diez del Salamanca puso a su equipo con ventaja en el marcador 0- 1 (Véase el vídeo que figura al final de la crónica). Diez minutos más tarde, metió Lucas Puime, número cinco del Coruxo el tanto del empate.

Leer más...
 
Alavés 1 Real Madrid 0. Lección fundamental

lopetegui-florentino¿Sorprende? ...¿A quién sorprende? Despachen y pongan en el rincón al Órdago desinformador habitual. Que han querido vender un inicio de temporada fantástico del Real Madrid, con un entrenador fuera de serie, que hacía ya de lo más dudoso a Zidane- ganando sus tres copas de Europa de puñetera casualidad , y en un descuido de sus rivales - La realidad es que el Madrid en su inicio de temporada, comenzó prácticamente perdiendo la Supercopa de Europa, con mala imagen, y luego se vendieron como éxitos superlativos, sus victorias sobre rivales en desventaja manifiesta, y muy discutible opción al parangón y más borrachera de aleluyas, con que se poblaron páginas y espacios mediáticos, en escaseces y mediocridad de pura vergúenza ajena. Ahora sin recato ni vergüenza alguna, -escaseces intelectuales se lo impiden-los que vendían el cielo que llevaba encima el Madrid, sus jugadores y sobre todo su entrenador, se horrorizan ya de todos ellos. Y también hacen un pinito de desautorización sobre la junta directiva. Ninguno vale

Y el entrenador- lopetegui -aparece al desnudo en toda su mostrenca realidad y medianía. El golpe de gracia, se lo dió el Alavés de hoy mismo al endosarle el gol de la victoria en el minuto 94 obra de Manu García. Rematando de un certero cabezazo el saque de un córner.

Leer más...
 

CARTEL2